16 feb 2012

Normas dun hotel galego

Navegando pola internet por simple entretemento mirade o que atopei, realmente aínda non podo comprender como algún galego sente vergoña pola súa propia lingua, a súa cultura...porque se ten tan infravalorado este tesouro tan valioso que temos os galegos... realmente dame tanta pena...
O galego é a nosa lingua, esa pola que tanta xente valerosa loitou cando intentaron silenciarnos, é riqueza, é cultura...
Se reniegas desta fermosa lingua, como describirias ese sentimento que tan só existe no diccionario galego? qué sintes cando tes  "morriña"? cando non podes sentir a maxia das fermosas e peculiares palabras como "saraiba", "maniotas", "xieiro", "recunchiño", "xanela"?....
Con cousas como estas, as nosas almas e as nosas mentes adoecen lentamente...

Déborah

No hay comentarios:

Publicar un comentario